Página principal Os libros/pelis de Sisebuta

xoves, 19 de maio de 2016

O día das letras galegas

Hoxe a Xunta de Galicia festexa o día das letras galegas. Persoalmente, penso que os meus xefes o que están a festexar e a lenta morte por inanición dun idioma, que so empregamos catro paletos. Acaso os discursos de Feijoo non son todos aprendidos de memoria? Cando non hai guión, non hai discurso. Acaso os periodistas da TVG non se cambian ao Castelán en canto non están en pantaia? E que falar dos que fan reportaxes fora do estudio: oio cousas tan ben faladas coma que o zorro se levou as galiñas do veciño. Pois que saibas bonita que raposo é incluso un apelido. E que pasa cos mestres que dan en Castelán materias co libro de texto en Galego.
No meu lugar de traballo somos mais de 30 persoas. Dúas falamos galego. A outra persoa é un activista político convencido. Eu so creo en leva-la contraria. Traballaba cunha persoa que me chamaba galeguista, facendo que a verba sonara coma "ti es de ETA". A primeira vez que mo chamou non dixen nada. A outra persoa que fala galego si se ofendeu polo seu xeito de pronuncia-la verba, e estiveron a discutir. Creo que mo dixo outra vez. Queria unha resposta, Dixen que si e quedouse contenta.
En fin, gustame tanto leva-la contraria aos caciques que penso deixar escrito o meu epitaceo co taco mais ruín do Galego. Ese, si, ese, o que ten multiples usos...

1 comentario: