Página principal Os libros/pelis de Sisebuta

Amosando publicacións coa etiqueta Os libros/pelis de Sisebuta. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Os libros/pelis de Sisebuta. Amosar todas as publicacións

sábado, 23 de setembro de 2017

IT Libro/Peli

Este verano canseime das novelas románticas que me levo á praia todo-los anos e decidín botar un ollo á lista de novelas más vendidas de todolos tempos segundo a wikipedia. Algunhas xa as lera, outras non me apetecía e atopei no posto 9 das superventas de todo-los tempos unha novela de Stephen King. Non me chifla este autor, pero algunha cousiña súa teño lido. Así que atrevinme con It, novela de terror de mais de mil páxinas. Non é a novela que mais medo me dou (Misery), nin a que mais me gusto (El talismán) das que lin deste autor. Porén paseino moi ben léndoa, mesmo anque o final non me convencera demasiado.
E nada mais voltar das vacacións atopome conque están a piques de estrear a peli!!. Problema: O libro é moi recente e unha das dúas cousas me vai decepcionar. Mesmo me aconteceu coas pelis de Harry Potter. Debería ter deixado pasar un tempo, pero tiña moitas ganas de vela e convencer a “Ana danme medo os paiasos” foi difícil. Fómola ver onte.
Gustoume moito. Coido que o guionista fixo un traballo espléndido coa novela, non polo moito que se parece a peli ao libro, senón porque mantendo intacta a idiosincrasia de cada neno escribiu unha historia nova co mesmo resultado. Por exemplo, cambiou o xeito no que cada un deles se atopa co paiaso por primeira vez, pero non o que este encontro espertou na alma de cada un deles.
A Ricky faino un pouco mais insufrible que no libro e róuballe unha escena de pánico moi boa. A cambio lle da a oportunidade de ser o primeiro en demostrar o bo amigo que é (xa lle perdoas todo o que fixo mal).
Talvez a peli lle quitou algo importante a Mike. É mais doado querelo na novela: sen dúbida é o meu neno preferido (e Ben porque é gordo e listo. Irresistible). Na peli Mike é un personaxe mais gris. Coido que me quedo con Bill, anque todos son adorables. Stan o que menos (e xa sabemos por que, je, je, je.) Polo menos eu si.
Moi boa a peli e o paiaso para cagarse pola pata.

Agardo impaciente polos nenos de 40 anos do capitulo 2. Espero que conserven o guionista.

mércores, 2 de agosto de 2017

La chica del tren

Antes de lelo, estiven a botar un ollo ás criticas de persoas particulares
A uns poucos gustáralles, os menos
Outros dicían que para pasar o rato, nada mais
Á maioria non lles gustara. Viano coma previsible e cun mal final. Eu é que son parva (como a prota) e non me cheirei nada. Ana, a quen llo ía contando conforme o lia, xa tiña feito un reparto de papeis bastante axeitado (é sin lelo) asique acepto o de previsible para algúns.
Ante todo o que me convenceu para lelo foi o de pasar o rato. Todavía teño na miña lista de lecturas futuras os grandes clásicos rusos. Se nin sequera fun quen de ler Guerra  e Paz e iso que a peli adoroa!
O libro, que me disperso! A prota é unha alcólica, mirona e acosadora. Un ser terriblemente patético que me cae ben dende o primeiro momento. Por que? Tampouco me parezo tanto a ela, eu non viaxo en tren que teño coche☺. Gustame moito.
O final: ENCANTOUME. Hai tempo que non disfrutaba tanto co final dun libro. Non sería posible na vida real, pero dentro da trama para min é creible. Se non che gusta o final ou ben tes vocación de damisela en apuros, ou de cabaleiro andante rescatador de damiselas en apuros, ou es dos que opina que está en apuros por que o merece. Pero coma di Julieta Venegas en Lastima pero adios "tal vez lo merezca pero no lo quiero"
Pois iso, paseino moi ben lendoo e tamen comentandoo mentres o lia.

sábado, 30 de xullo de 2016

A verdade sobre o caso Harry Quebert

1ª apreciación persoal: Eu teño a opinión de que Joel Dicker odia á súa nai. Toda-las novelas incluen moitos agradecementos ao conxuxe, aos fillos, aos editores... E, en ocasións, aos pais. Nada de "grazas papa, grazas mama". De feito, a nai do seu alter ego Marcus é ruín e tonta. So sale dúas ou tres veces na novela a traverso de conversas telefónicas que non teñen desperdicio. Vamos, que se eu fose a nai de Joel, ia ter moito que me explicar. Coma diría a nai de Marcus "Buscate unha boa rapaza en idade fèrtil, ten moitos fillos e volve para a casa no canto de andar por aí á procura de aventuras que xa tes trinta anos" Se ademais fose galega mandarialle comer mais porque está moi fraco. Que? Non preciso velo para saber que está moi fraco; notaselle na voz.

2ª apreciación persoal: Durante mais de 29 capítulos estíven tan enganchadísima seguindo a investigación co prota que me sumerxín completamente. Pero o final non me gustou. Demasiada información nun só capítulo. Non é que fora un mal final, pero é que eu tiña tantísimas expectativas... Coma dí o propio autor debería estar moi triste de telo remado do moito que me encantou, e non. Todos e cada un dos personaxes da novela teñen algo que contar no capítulo final. Tampouco pasaba nada se algún deles fose realmente unha persoa normal e aburrida.

Leo bastante. Iste non foi dos mellores, pero os que dín que é malo, ou len moi pouco, ou teñen unha sorte que te cagas escollendo libros. Eu paseino moi ben.

xoves, 21 de xullo de 2016

Os libros son mellores amigos que as pelis

Xa estou farta do cine e da tele non digamos.
O mellor invento que caeu nunca xamais nas miñas mans chamase libro electrónico. Teño que ter coidado co desexo cego de cargar libros sen rumbo, esquecendome de lelos.
Porén, agora leo moito mais.

Vou falar dun que lín hai tempo. Gustoume moito. É un libro con anos, dunha autora para min descoñecida, pero que me encantou.
Querida Anita, a diferencia de nos teus libros, neste só morre unha persoa e de vella. Ten unha peli, pero nin se achega ao libro a pesar de estar protagonizada por Audrey Tautou, que me encanta.

"Juntos, nada más", en Castelán. Fala de amor, de amizade, e sobre todo de supervivencia. Os catro protas son personaxes totalmente definidos, que poderían individualmente encher un libro coa súa historia. Ao interactuar entre eles o resultado é emocionante. Gustoume tanto que ao rematalo quedei moi triste... ate que comecei unha triloxía que acabou por gustarme tamém. É xa ando con mais: ler é marabilloso.
A moza, coa que comeza o libro e que xa fai que te enganches, está fora de lugar en todas partes. Parece coma se quixese morrer, pero sigue vivindo coma por inercia. É curiosamene é ela quen busca a amizade do outro rarito do seu edificio.
El, incapaz de relacionarse socialmente, é ao mesmo tempo un home extremadamente educado e infinitamente amable e paciente con todo o mundo. É amable con ela e moi paciente co seu "estupido" compañeiro de piso, que so pensa nas motos e nos ligues dunha noite.
O "estupido" é o malo do libro até que de repente se senta a chorar nun banco da rúa por sentirse incapaz de coidar da súa avoa, á que quere mais que a nada.
E por último, a avoa que loita por non perder a súa dignidade na vellez e que acaba por ser un pouco o pegamento que fai que os outros tres se fagan amigos inseparables, amigos da alma.
Todo soa moi lacrimoxeno e empalagoso, cursi. Pero incriblemente...para nada. É unha mistura perfecta. Nada de lamentos, nin grandes aspaventos. Centos de pequenos detalles que moi sutilmente crean unha vida na que a todos nos gustaría estar. É así remata a historia: dun comenzo deprimente a un final cunha vida normal e moi apetecible.

mércores, 20 de xullo de 2016

Ice Age 5

A miña peli preferida de debuxos animados é Ice Ace I. Marabillosa, anque non é de Pixar, senón dun estudio descoñecido. Aproveitaron o incrible exito para lanzarse a facer mil secuelas (entendoo). A cuarta non a vin, pero esta quinta é bastante regular. Os personaxes secundarios, que aquí son protas, non molan tanto coma os principais, e a historia non me enganchou moito. Ben para un domingo pola tarde, pero para unha tarde de cine veraniego non. Tdavía agardo unha que me mole tanto coma as do ano pasado.

mércores, 13 de xullo de 2016

O xigante de Steven Spielberg

Lembrome de ter lido algún conto de Roald Danl. Do único que me lembro é de que eran moi raros. Non podo dicir que non me gustasen, coma Alicia, Peter Pann ou o Mago de Oz, que os odio. Esquecino, simplemente. É posible que lera algo para a clase de inglés. Non sei. O nome si que me soa moitísimo, coma o de Spielberg. E coma manda Ana, ala fumos con palomitas e regaliz.

A peli ten 5 ou 10 minutos que son entretidos. O resto é moi aburrida, tanto que lamentei que as butacas do cine non fosen mais cómodas, para botar unha siestiña. É soporifera, non me resulta conmovedora e ningún dos personaxes me chegou ao corazonciño. Sintoo Steven, pero comparar isto con E T é sacrílego. Nen para o sofá vale. No sofá vimos "Mucho ruidos y pocas nueces" Outro inglés ilustre, pero desta volta sen mortos. Rímonos mais que co xigante...

mércores, 29 de xuño de 2016

As pelis das vacacións


A primeira deste ano: Buscando a Dory. En fin... Se se aproveitaron coa Guerra das Galaxias, e se aproveitaron, e se aproveitaron, e se... Pois iso. Pero que pasa cos guionistas? Mola para un domingo pola tarde, pero lle falta emoción, tenrura, amizade, novos descubrementos... O paxaro ese tonto nin de lonxe se achega ao pelícano da primeira. O polvo está ben, o resto dos novos personaxes non.
Coma rematou ás 23:30 e eu vou para a cama coas galiñas, pois xa me estaba amodorrando.
Sendo o normal que a 2ª sexa moi inferior á primeira,  ICE AGE xa vai pola 5ª,(coido) Vouna ir ver. En verán só pelis de debuxos.

sábado, 13 de febreiro de 2016

As pelis que me da vergonza que me gusten

Gustanme todas esas pelis ianquis tontas que botán polo nadal.  Papa Noel sempre anda polo medio e o malo faise bo. Son malas, pero no nadal non me perdo unha. Logo esta "Que bello es vivir" (Frank Capra) que me gusta moito non só no nadal. Para ser tan cínica gustanme moito as pelis de "fantasía", onde todo o mundo é bo, se queren e os malos levan o que se merecen. Por iso son fan dos directores da época dourada de Hollywood, e nada do cine que reflexa a realidade: tan bo e tan intenso e tan duro. Porque logo cando me obrigo a ver algunha peli das duras, me gusta. Pero en canto está vista non quero nin volver oir falar dela. Boto noites durmindo mal. Implicome demasiado. Cos libros tamén: o neno co pixama a raias levoume mais dun mes leelo, tempo que adico aos libros de mais de mil páxinas. Non tiven pesadelos: non durmía e pensaba (só iso). Da peli escapei coma do demo.
Por iso prefiro as pelis con historias bonitas, inocuas e románticas, que me deixan cun sorriso nos beizos. A miña peli preferida é de 1933, "Sucedió una noche: en castelán" (Frank Capra, tamén) e nunca ma van desbancar: chica rica mimada, chico pobre sen ningún interes por esa tonta agás utilizala para facer cartos (é periodista e quere unha exclusiva dela). Nin ela é tan tonta, nin el tan inmune aos seus encantos. Final feliz, con moita risa polo medio. E xa está. Bueno, foi a primeira película en gañar os cinco oscars mais importantes. Algo mais debe ter...
Os dires de agora deberían aprender a contar historias noñas sen que se lle note tanto, tal é coma o fixeron Billy Wilder, William Wyler ou Frank Capra, p.e.
Debería gustarme o cine español e debería ser fan de Luis Tosar, que ademais é galego. Sintoo. Gustame Cha cha cha e Tesis, anque esta non a penso ver mais porque me dou moitísimo medo. Iso, que me meto moito na historia.