martes, 1 de decembro de 2015
ela
Coido que se colou na miña vida aproveitando un momento moi negro polo que estaba a pasar. O meu neurólogo atribue a depresión nerviosa na que vivín durante meses a ela.Seica foi culpa dela. Eu sei que foi ao revés. Doiame tanto que non me importou deixar pasar o que fora, ou tal vez fun eu mesma quen me quixen borrar: Acabo de decatarme de que é unha enfermidade autoinmune. Seino dende o principio, pero non era consciente de que me estou atacando a min mesma. O que pasa é que agora xa non ten gracia. Quero que pare. Parece que cos anos cada vez corre mais, ou talvez son eu que me custa aturarlle o ritmo. Agardo por ese medicamento que a vai frear. Namentres vou avellentando.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Pode que estés a avellentar pero falo ao lado de persoas que te queren moitísimo (coma min) e que farían o que fose por ti, non estás soa. No infinito mundo polo que está formado internet hai alguén que te está a ler e a esa persoa importalle o que teñas que dicir.
ResponderEliminarLémonos!
Grazas
ResponderEliminar