Página principal Os libros/pelis de Sisebuta

sábado, 5 de decembro de 2015

O Comenzo


Non era quen de ler porque me bailaban as letras e mailos números dunha liña a outra. Era (son) incapaz de enfocar ben o que miro. Entón fun ao oculísta: unha rapaza nova e moi pagada de si mesma. Dixome que a miña vista estaba perfecta e que se veía mal era porque os meus problemas mentais estaban a afectar á miña visión.

[Por aquel entón xa levaba tempo fatal no traballo e era consciente de que estaba un pouco depre. As cousas empeoraron mais ate que me botei a chorar na consulta do médico de cabeceira e me mandou para a casa de baixa, cousa que o inspector médico corroborou unha semana despois desfacendose en desculpas por terme chamado (que ben que eu xa non me miraba ao espello, porque iso de que non me quixera dala alta asustoume moito). Irme para a casa devolveume a vida, anque por entón a enfermidade xa galopaba mais que corría. Ainda así mellorei moito de ánimo, por iso penso que ela foi o efecto e non a causa.]

Total, que con tan certero diagnóstico, nos albores da miña enfermidade degeneratíva, funme para a casa cos ollos dilatados e chorando a mares (amén de acordandome da nai da paisana. Logo perdería incluso os folgos para maldecir, pero entón odieina. Ainda a odio) Deste primeiro achegamento ao meollo do asunto saqueí unha lesión permanente en ambolos dous ollos. Pero non matei a ninguén co coche! Hai que ve-lo lado positivo das cousas.
Anos despois (dous en concreto, o que tardaron en cachala) lín unha lista de todo-los síntomas da enfermidade. Un deles estaba escrito coas mesmas verbas que eu empregara para lle contar o que me pasaba á oculísta. Non minto, podería telo escrito eu. Non me lembro da súa cara, nin do seu nome. So de que era oculísta do SERGAS e de que a odio dende hai 14 anos e sumando.

2 comentarios:

  1. Creo que o que escribiches poderíase resumir en: "Ao comezo a ruín da oculista foi tan parba de non se decatar de que tiña unha enfermidade, que eu, lle estaba a describir con pelos e sinais e por iso a odiarei toda a miña vida."
    Moi boa entrada.

    ResponderEliminar