Página principal Os libros/pelis de Sisebuta

mércores, 30 de decembro de 2015

Remata o 2015

Estase achegando a fin dun ano cativo, moi cativo. Tiven dous brotes. Anque o meu médico me tratou de convencer de que non eran brotes, deixoume tomar dous gramos de cortisona en tres días por cada non brote: se non era un brote nunca mo debería ter permitido, e se era un brote entón de que vai?

Dende que comezou toda esta merda da crise con Rajoy e Feijoo tratando de convencernos de que hai que arrima-lo ombro,o meu médico subiuse ao carro inmediatamente. Por desgraza a frase completa debería facer referencia aos mil euristas e aos enfermos crónicos. Nen subidas de soldo, nen pagas extras ata chegar á época de eleccións, nen mais resonancias magnéticas. Antes faciame unha todo-los anos mesmo anque non tivese brotes e para a miña desgraza sempre salían lesións novas. Este ano estou coma un buxo a pesar dos dous non brotes que tiven e xa non me fixo resonancia ningunha. Aplicando a maxima de ollos que non ven, batacazo que te pegas, é obvio que están agardando a desfacerse de min canto antes. Pois esán fodidos: os antidepresivos están tirados de prezo (deica pouco xa será o único que me dean no SERGAS) e eles son mais vellos ca min. E dun ataque ao corazón non está ninguén libre... E mesmo anque non teñas conciencia, a carne roxa pode ser case igual de mala para a conciencia. Jua, jua, jua!!!

Sendo honrada debo recoñecer que ao principio se portou ben comigo, dentro das limitacións dun servizo público de saúde. E fixo que agora son moi queixica co médico, pero se non me lle queixo a el? A quenes? A amigos que non me poden axudar? A familia que só podería sufrir comigo? Posto que non saben curala, nin previla, nin sequera parala; pois xa só lles queda a empatía.non?


Propósito de Ano Novo: Ignorar aos que me ignoran, e ser mais boa cos que me queren.

1 comentario: