Página principal Os libros/pelis de Sisebuta

venres, 4 de decembro de 2015

soño


O que soñei esta noite

Case nunca me lembro do que soñei. Non mais aló de 10 ou 15 segundos despois de despertar.
Pero iste lembroo perfectamente: miña nai e mais eu iámos camiñando pegadiñas a unha
parede de cor gris escura intentanto pasar desapercibidas para unha leoa
que traiámos detrás facendo eses ao camiñar mentres cabilaba cando nos saltaría enriba
para se dar unha merendola. Tra-la leoa viña un señor cun cazavolvoretas
que trataba de recadala con palabras cariñosas coma se estivese a falar cun gato.
Cando xa era obvio que nos ía saltar enriba tiven dous pensamentos: vainos
matar e isto vai doer moito, e despois de que nos mate eu vou matar a Ana porque
ten a culpa de todo. Entón espertei e pensei: vou matar a Ana. Din a volta
e seguín durmindo. Xa pola mañanciña me erguín pensando: vou matar a Ana.
Resulta que onte cando nos iámos deitar andivo a foderme a cabeza cun soño
recurrente que tiña todo-los meses: seica se metía un lobo na casa e a
perseguía. Ela escondíase no cuarto de baño, que tiña chave. Pero sempre deixaba
a fiestra aberta por onde se colaba o lobo, e entón ela espertaba.
Pois a min os lobos me parecen "riquiños" lle digo eu. Creo que mezclei
unha novela que lín de Ray Bradbury (el hombre ilustrado) na que uns leóns se papaban
a unha parella,unha moi mala peli na que os leóns se papaban a un garda do parque, e
unha cea demasiado abundante. A miña irmá ten un gato enorme de cor naranxa que onte
votou toda a tarde a mirarme fixamente.

2 comentarios:

  1. Baixo o meu punto de vita deberías vixiar eses pensamentos macabros sobre a morte, máis concretamente sobre a morte de Ana xa que é unha moi boa persoa e ela nunca ten a culpa de nada.
    Ah, e os lobos non teñen nada de riquiños que nos contos sempre fan de malos.
    Lémonos!

    ResponderEliminar