Página principal Os libros/pelis de Sisebuta

venres, 4 de marzo de 2016

A fibra

Estou na casa, non estou de baixa, pero o luns pola tarde tiven unha vomitona provocada por un virus estomacal. O martes estiven realmente mal anque xa non devolvía, polo que fun ao médico e me fixo un xustificante para poder quedarme tres días na casa. É a primeira vez que o pido, pero nin os catarros me debilitaron nunca tanto (algo deben ter que ver os 45 tacos mailos case 15 anos de enfermidade). Tamén é certo que o médico de cabeceira que teño agora é bastante humano. Non sei se a palabra é humano, persoa, empático, sensibleiro, débil ou pouco fan das ordes non escritas (Hai ordes non escritas e son moi claras: A min todo-los anos o meu neurólogo me facía unha resonancia magnética. Este ano non. Os dous sabemos que a enfermidade progresa adecuadamente. Non precisamos confirmación. Aforremo-los cartos para facer hospitais que están baleiros, mentras enviamos á xente a clínicas privadas dos amiguitos)
En calquera caso deixoume quedar na casa. Hoxe que xa é o terceiro día atopome mellor, anque teño moitos problemas para ir ao baño. Onte e antonte tiven que poñer sendos microenemas. Apenas me fixeron efecto, pero posto que so comín sopa o martes e dous ovos e un plátano o mércores, non foi un problema. Hoxe é o primeiro día que no me atopo mal ao comer. O problema é o baño... coma nos últimos sete anos. Asíque parece que por fin todo está voltando á normalidade...

Falando deste problemilla tan pouco glamoroso, hoxe pola maña estaba lendo no “facebuque”  un escrito sobre os problemas da EM que so entendemos os que temos EM. Son amiga dunha páxina que de cando en vez colga algún enlace a artígos interesantes. Iste non era o caso: “para os que temos problemas para ir ao baño hai que comer alimentos con fibra dentro dunha dieta equilibrada”. Supoño que ista frase a copiaron do folleto dun nutricionista. XA, e se te cortas nunha perna cunha machada hai que poñer unha tirita... Vamos! Para dar ese consello mellor estate calado. A enumeración dos problemas era moi exacta, a solución moi tonta. Deste en concreto e tras mais de cinco anos vivindo con el, eu podo dar moitos mais consellos, que me funcionan e moi ben (se ELA non ten o día!, claro). Comer fibra está ben, pero sen axuda incluso é contraproducente, porque te incha e moito. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario