Teño que facer un salto cara atrás de 15 anos. Foi cando estiven de baixa coa depresión nerviosa, antes da diagnose da enfermidade. É unha época que detesto lembrar (coma moita xente teño reparos coas enfermidades mentais. Está moi mal, estou traballando nun cambio de actitude pero costa, porque culturalmente aprendín que a xente que está dos nervios é de pouca confianza e moi inestable. É non son depresións, iso é unha chorrada, estase dos nervios é punto). Pois eu estaba dos nervios. Algunhas compañeiras foron moi malas comigo (vale! Non son nada sociable nin simpática, pero tampouco lle fago dano a ninguén, polo menos á mantenta. Pero xa teño claro que nesta vida ou estás comigo ou contra min. A indiferenza é o peor delito. Xa o teño asumido: quero caerlle ben aos amigo e á familia, o resto coma eles vexan. Non me fai feliz, pero teñoo bastante asumido).
Onde ía: O traballo eran todo problemas, o triple do traballo asumible e un montón de xente chorandose de todo. Deixei de durmir e deixei de comer. Ergo... depresión nerviosa. Foio moi aparatosa (chorando a lágrima viva na consulta do médico, case me da a risa do patética que fun. Só se chora nos enterros dos seres queridos e nunca por culpa dun traballo de merda!), pero recoñezo que en canto me deron pílulas para durmir e comecei a comer aínda que fose en papas, nun mes xa estaba outra vez patexando para non afogar. Deus bendiga os antidepresivos!.
O médico de cabeceira derame unha baixa dun mes. Funme a vivir cos meus pais. Moi mala idea. Mama escondiase no corredor tra-la miña porta e choraba ata que me erguía e me ía sentar diante da cociña de ferro. Como durmía pouco pola noite precisaba durmir polo día, asique funme para a da miña irmá.
Coma non sabia que facer co meu tempo e so parecía triste non tola, a miña irmá decidíu manterme ocupada coidando do seu bebe dun ano mentres ela traballaba de cortineira na casa. E agora imos co importante:
Sentabame nun sofá con codo. Atravesaba a perna e sentaba a Ana no codo, pero ela quería gatear nunha dirección ou noutra, e non se me quedaba quieta no sitio. Acabei por atopa-lo xeito de que non me escapara e se esnafrara contra o chan, porque andar o que é andar aínda non andaba. Vamos, que nin andaba nin falaba, pero si que se quedaba a mirarme coma unha lela cando lle falaba, e sobre todo cando lle cantaba. Debe ser que canto moi ben, anque só un bebé dun ano parecía quen de aprecialo, porque agora xa non lle gusta... Pena. Como so me sei a letra de cancións de debuxos animados ou as que cantaban os paiasos da tele, pois iso lle cantaba. A abella maia, Heidi, ou "Vamos de paseo en un auto feo, pi, pi, pi".
Ala! Contado. Foi o mellor da miña baixa. Pasamolo moi ben, creo. Polo menos non se me tirou do sofá. Por desgraza, non se lle pegou o meu don para o bel canto. Ela canta moi mal. Lástima, poderiamos ter feito un dúo.
Con que canto moi mal... pois o SingStar discrepa coa tua opinión, eu son unha futura Súper estrela.
ResponderEliminaro sing... é para facer felices aos nenos pequenos. O importante é a nota de música que xa sabemos que é moi cativa
ResponderEliminarClaro... un dez é unha nota cativísima ;D
Eliminar