Página principal Os libros/pelis de Sisebuta

martes, 24 de maio de 2016

O aparcadoiro da Tafona


Ista é a praza de aparcamento que o Concello de Caldas de Reis ten reservada para discapacitados no aparcadoiro da tafona. Ten 1 m e 75 cm de largo. O meu coche mide de espello a espello 2mts e 4 cm de largo.
Con estos datos obxectivos cheguei á seguinte conclusión científica: O Concello de Caldas é o 1º concello de toda España en crear prazas de aparcamento para as bicicletas dos discapactados.
Isto prantexame certas dubidas:
Van os fabricantes de bicicletas a engadirlle un porta-bastóns ás mesmas?
A tarxeta de aparcamento que teño para o coche vaime valer para a bicicleta ou terei que facerme unha nova?

E a mais importante de todas: Sabe alguén onde podo comprar un coche sen espellos?




1 comentario:

  1. Creo que non se poden mercar coches sen espellos, pero supoño que se lle propoñemos aos chinos que nos fagan un algo poderemos apañar.

    ResponderEliminar