Página principal Os libros/pelis de Sisebuta

mércores, 13 de xullo de 2016

O xigante de Steven Spielberg

Lembrome de ter lido algún conto de Roald Danl. Do único que me lembro é de que eran moi raros. Non podo dicir que non me gustasen, coma Alicia, Peter Pann ou o Mago de Oz, que os odio. Esquecino, simplemente. É posible que lera algo para a clase de inglés. Non sei. O nome si que me soa moitísimo, coma o de Spielberg. E coma manda Ana, ala fumos con palomitas e regaliz.

A peli ten 5 ou 10 minutos que son entretidos. O resto é moi aburrida, tanto que lamentei que as butacas do cine non fosen mais cómodas, para botar unha siestiña. É soporifera, non me resulta conmovedora e ningún dos personaxes me chegou ao corazonciño. Sintoo Steven, pero comparar isto con E T é sacrílego. Nen para o sofá vale. No sofá vimos "Mucho ruidos y pocas nueces" Outro inglés ilustre, pero desta volta sen mortos. Rímonos mais que co xigante...

mércores, 29 de xuño de 2016

As pelis das vacacións


A primeira deste ano: Buscando a Dory. En fin... Se se aproveitaron coa Guerra das Galaxias, e se aproveitaron, e se aproveitaron, e se... Pois iso. Pero que pasa cos guionistas? Mola para un domingo pola tarde, pero lle falta emoción, tenrura, amizade, novos descubrementos... O paxaro ese tonto nin de lonxe se achega ao pelícano da primeira. O polvo está ben, o resto dos novos personaxes non.
Coma rematou ás 23:30 e eu vou para a cama coas galiñas, pois xa me estaba amodorrando.
Sendo o normal que a 2ª sexa moi inferior á primeira,  ICE AGE xa vai pola 5ª,(coido) Vouna ir ver. En verán só pelis de debuxos.

martes, 24 de maio de 2016

O aparcadoiro da Tafona


Ista é a praza de aparcamento que o Concello de Caldas de Reis ten reservada para discapacitados no aparcadoiro da tafona. Ten 1 m e 75 cm de largo. O meu coche mide de espello a espello 2mts e 4 cm de largo.
Con estos datos obxectivos cheguei á seguinte conclusión científica: O Concello de Caldas é o 1º concello de toda España en crear prazas de aparcamento para as bicicletas dos discapactados.
Isto prantexame certas dubidas:
Van os fabricantes de bicicletas a engadirlle un porta-bastóns ás mesmas?
A tarxeta de aparcamento que teño para o coche vaime valer para a bicicleta ou terei que facerme unha nova?

E a mais importante de todas: Sabe alguén onde podo comprar un coche sen espellos?




xoves, 19 de maio de 2016

O día das letras galegas

Hoxe a Xunta de Galicia festexa o día das letras galegas. Persoalmente, penso que os meus xefes o que están a festexar e a lenta morte por inanición dun idioma, que so empregamos catro paletos. Acaso os discursos de Feijoo non son todos aprendidos de memoria? Cando non hai guión, non hai discurso. Acaso os periodistas da TVG non se cambian ao Castelán en canto non están en pantaia? E que falar dos que fan reportaxes fora do estudio: oio cousas tan ben faladas coma que o zorro se levou as galiñas do veciño. Pois que saibas bonita que raposo é incluso un apelido. E que pasa cos mestres que dan en Castelán materias co libro de texto en Galego.
No meu lugar de traballo somos mais de 30 persoas. Dúas falamos galego. A outra persoa é un activista político convencido. Eu so creo en leva-la contraria. Traballaba cunha persoa que me chamaba galeguista, facendo que a verba sonara coma "ti es de ETA". A primeira vez que mo chamou non dixen nada. A outra persoa que fala galego si se ofendeu polo seu xeito de pronuncia-la verba, e estiveron a discutir. Creo que mo dixo outra vez. Queria unha resposta, Dixen que si e quedouse contenta.
En fin, gustame tanto leva-la contraria aos caciques que penso deixar escrito o meu epitaceo co taco mais ruín do Galego. Ese, si, ese, o que ten multiples usos...

martes, 3 de maio de 2016

Bolboreta é con b ou iso me din

Parece ser que bolboreta se escribe con b. Eu xuraría que na miña época eran con v. Claro que tampouco había ordenadores portatiles, nen teléfonos mobiles (é con b. Estou fixa!!!), nin tabletas, nin LIBROS ELECTRÓNICOS (Deus os bendiga) nin coches con navegador e pipipi (cando lle vou dar no peteiro a outro coche aparcando, o meu coche fai pipipi). Se sigo a pensar en todo o que non había cando era xoven, vexo que o xeito de vivi-lo mundo cambiou mais en poucos anos, que en moitas decadas anteriores. A fin de contas, lembrome que a meu pai lle extrañou que o meu primeiro coche tivera direción asistida e peche centralizado (durante anos xunto co ABS foi a bomba). Agora (xa ten 2 anos) cando veu o meu último coche (de gama media, marca baixa) non lle gustou tanta electrónica, anque que recoñece que menos conducir fai de todo: estropearase e sairá caro arranxalo, dime el con moita sabiduría otorgada polos anos. Seguro que ten razón, pero mentres non se escaralle mola.
O que tamén trocou para peor é que agora os nenos non falan, non entenden e mesmo se avergonzan do galego. Xa un pouco na miña época (anos 70 e sobre todo a decada prodixiosa dos 80) para falar galego había que ser moi radical. O feito de que na casa fora o único que oías non tiña nada que ver. O galego era para extremistas. Un día decidín que podo ser apocada, aburrida e desencantada de todo, pero en galego. Teño unha estúpida "compañeira" de traballo que me chama galeguísta. Nin lle contesto. Meus pais falaronme toda a vida en castelán. Tardaron moitos anos en decidir que xa era o bastante vella como para non me contaxiar anque me falaran en Galego. Un fracaso para eles, e inda por riba solteirona e sen cativos. É unha sorte que me queiran tanto e que teñan dous fillos mais "normais", senón morrianme de pena. De todolos xeitos a súa nena sempre sereí eu, e os netos que o curren porque a min non me desbanca ninguén!  ja, ja, ja
Por certo, meu pai dixo que co euro subiría todo. Negueime a facerlle caso. Necia. Se di que o coche será caro de arranxar, serao. Pero, antes mais que despois, deixarei de conducir, e que me quiten o bailao.

domingo, 13 de marzo de 2016

Para Ana

Teño que facer un salto cara atrás de 15 anos. Foi cando estiven de baixa coa depresión nerviosa, antes da diagnose da enfermidade. É unha época que detesto lembrar (coma moita xente teño reparos coas enfermidades mentais. Está moi mal, estou traballando nun cambio de actitude pero costa, porque culturalmente aprendín que a xente que está dos nervios é de pouca confianza e moi inestable. É non son depresións, iso é unha chorrada, estase dos nervios é punto). Pois eu estaba dos nervios. Algunhas compañeiras foron moi malas comigo (vale! Non son nada sociable nin simpática, pero tampouco lle fago dano a ninguén, polo menos á mantenta. Pero xa teño claro que nesta vida ou estás comigo ou contra min. A indiferenza é o peor delito. Xa o teño asumido: quero caerlle ben aos amigo e á familia, o resto coma eles vexan. Non me fai feliz, pero teñoo bastante asumido).
Onde ía: O traballo eran todo problemas, o triple do traballo asumible e un montón de xente chorandose de todo. Deixei de durmir e deixei de comer. Ergo... depresión nerviosa. Foio moi aparatosa (chorando a lágrima viva na consulta do médico, case me da a risa do patética que fun. Só se chora nos enterros dos seres queridos e nunca por culpa dun traballo de merda!), pero recoñezo que en canto me deron pílulas para durmir e comecei a comer aínda que fose en papas, nun mes xa estaba outra vez patexando para non afogar. Deus bendiga os antidepresivos!.
O médico de cabeceira derame unha baixa dun mes. Funme a vivir cos meus pais. Moi mala idea. Mama escondiase no corredor tra-la miña porta e choraba ata que me erguía e me ía sentar diante da cociña de ferro. Como durmía pouco pola noite precisaba durmir polo día, asique funme para a da miña irmá.
Coma non sabia que facer co meu tempo e so parecía triste non tola, a miña irmá decidíu manterme ocupada coidando do seu bebe dun ano mentres ela traballaba de cortineira na casa. E agora imos co importante:
Sentabame nun sofá con codo. Atravesaba a perna e sentaba a Ana no codo, pero ela quería gatear nunha dirección ou noutra, e non se me quedaba quieta no sitio. Acabei por atopa-lo xeito de que non me escapara e se esnafrara contra o chan, porque andar o que é andar aínda non andaba. Vamos, que nin andaba nin falaba, pero si que se quedaba a mirarme coma unha lela cando lle falaba, e sobre todo cando lle cantaba. Debe ser que canto moi ben, anque só un bebé dun ano parecía quen de aprecialo, porque agora xa non lle gusta... Pena. Como so me sei a letra de cancións de debuxos animados ou as que cantaban os paiasos da tele, pois iso lle cantaba. A abella maia, Heidi, ou "Vamos de paseo en un auto feo, pi, pi, pi".
Ala! Contado. Foi o mellor da miña baixa. Pasamolo moi ben, creo. Polo menos non se me tirou do sofá. Por desgraza, non se lle pegou o meu don para o bel canto. Ela canta moi mal. Lástima, poderiamos ter feito un dúo.



venres, 4 de marzo de 2016

A fibra

Estou na casa, non estou de baixa, pero o luns pola tarde tiven unha vomitona provocada por un virus estomacal. O martes estiven realmente mal anque xa non devolvía, polo que fun ao médico e me fixo un xustificante para poder quedarme tres días na casa. É a primeira vez que o pido, pero nin os catarros me debilitaron nunca tanto (algo deben ter que ver os 45 tacos mailos case 15 anos de enfermidade). Tamén é certo que o médico de cabeceira que teño agora é bastante humano. Non sei se a palabra é humano, persoa, empático, sensibleiro, débil ou pouco fan das ordes non escritas (Hai ordes non escritas e son moi claras: A min todo-los anos o meu neurólogo me facía unha resonancia magnética. Este ano non. Os dous sabemos que a enfermidade progresa adecuadamente. Non precisamos confirmación. Aforremo-los cartos para facer hospitais que están baleiros, mentras enviamos á xente a clínicas privadas dos amiguitos)
En calquera caso deixoume quedar na casa. Hoxe que xa é o terceiro día atopome mellor, anque teño moitos problemas para ir ao baño. Onte e antonte tiven que poñer sendos microenemas. Apenas me fixeron efecto, pero posto que so comín sopa o martes e dous ovos e un plátano o mércores, non foi un problema. Hoxe é o primeiro día que no me atopo mal ao comer. O problema é o baño... coma nos últimos sete anos. Asíque parece que por fin todo está voltando á normalidade...

Falando deste problemilla tan pouco glamoroso, hoxe pola maña estaba lendo no “facebuque”  un escrito sobre os problemas da EM que so entendemos os que temos EM. Son amiga dunha páxina que de cando en vez colga algún enlace a artígos interesantes. Iste non era o caso: “para os que temos problemas para ir ao baño hai que comer alimentos con fibra dentro dunha dieta equilibrada”. Supoño que ista frase a copiaron do folleto dun nutricionista. XA, e se te cortas nunha perna cunha machada hai que poñer unha tirita... Vamos! Para dar ese consello mellor estate calado. A enumeración dos problemas era moi exacta, a solución moi tonta. Deste en concreto e tras mais de cinco anos vivindo con el, eu podo dar moitos mais consellos, que me funcionan e moi ben (se ELA non ten o día!, claro). Comer fibra está ben, pero sen axuda incluso é contraproducente, porque te incha e moito.