Página principal Os libros/pelis de Sisebuta

mércores, 30 de decembro de 2015

Remata o 2015

Estase achegando a fin dun ano cativo, moi cativo. Tiven dous brotes. Anque o meu médico me tratou de convencer de que non eran brotes, deixoume tomar dous gramos de cortisona en tres días por cada non brote: se non era un brote nunca mo debería ter permitido, e se era un brote entón de que vai?

Dende que comezou toda esta merda da crise con Rajoy e Feijoo tratando de convencernos de que hai que arrima-lo ombro,o meu médico subiuse ao carro inmediatamente. Por desgraza a frase completa debería facer referencia aos mil euristas e aos enfermos crónicos. Nen subidas de soldo, nen pagas extras ata chegar á época de eleccións, nen mais resonancias magnéticas. Antes faciame unha todo-los anos mesmo anque non tivese brotes e para a miña desgraza sempre salían lesións novas. Este ano estou coma un buxo a pesar dos dous non brotes que tiven e xa non me fixo resonancia ningunha. Aplicando a maxima de ollos que non ven, batacazo que te pegas, é obvio que están agardando a desfacerse de min canto antes. Pois esán fodidos: os antidepresivos están tirados de prezo (deica pouco xa será o único que me dean no SERGAS) e eles son mais vellos ca min. E dun ataque ao corazón non está ninguén libre... E mesmo anque non teñas conciencia, a carne roxa pode ser case igual de mala para a conciencia. Jua, jua, jua!!!

Sendo honrada debo recoñecer que ao principio se portou ben comigo, dentro das limitacións dun servizo público de saúde. E fixo que agora son moi queixica co médico, pero se non me lle queixo a el? A quenes? A amigos que non me poden axudar? A familia que só podería sufrir comigo? Posto que non saben curala, nin previla, nin sequera parala; pois xa só lles queda a empatía.non?


Propósito de Ano Novo: Ignorar aos que me ignoran, e ser mais boa cos que me queren.

domingo, 20 de decembro de 2015

Un bo médico

Dende o fiasco do oculísta dous anos botei dando tumbos. O brote da vista curou so, con secuelas (claro), os problemas no traballo acentuaronse e un novo síntoma fixo aparición: problemas de equilibrio. Nin caso. Non tiña valor para deixa-lo traballo. Estaba ofuscada e todo me daba igual.
Entón comencei a a coxear unido aos problemas de equilibrio. Fun ao médico de cabeceira, que ao igual que o oculísta opinaba que todo estaba na miña cabeza. Foi entón cando me dou a baixa por depresión. Levaba meses sen durmir e o caldo de cultivo para a enfermidade era inmellorable. Afortunadamente o médico de cabeceira decidíu curarse en saúde e mandoume ao traumatólogo por si acaso.

O traumatólogo non atopándome nada nuha revisión inicial, foi o suficientemente profesional, considerado, ou ambalas dúas cousas, coma para decidir facerme unhas probas adicionais.

Tardaron moito en chamarme para darme os resultados (sobre todo porque me deixaron a cita no contestador do teléfono fixo mentres eu pasaba o que comenzaba a pensar que sería o meu último verán coa miña irmá na praia). Cando oín a mensaxe discutín co funcionario sobre se era correcto deixar unha cita nun contestador.  Acusoume de non collerlle un mobil que nin siquera tiña. Debería ter presentado unha queixa en papel, que é o xeito correcto de mostralo desacordo coas cousas que non che gustan da administración, pero cando o traumatólogo me dixo que non me pasaba nada quedeime en branco. Para entón dar dez pasos seguidos sen caer xa me era imposible.

Este doutor, grazas ao que todavía camiño, creeume a min mais que aos papeis, e doume un volante urxente para o neurólogo, o que equivale a sentarse na sá de urxencias do hospital até que che ben o neurólogo de garda tres ou catro horas despois. No meu caso foron mais de cinco, porque a enfermeira me cambiou o nome no ingreso, mailos apelidos de orden. Cando por fin me atrevín a preguntar cando me chamarian chupeime outra bronca, posto que levaban horas chamando por min según a enfermeira. (Por alguén cos meus apelidos cambiados de lugar, pero unha vez mais no canto dunha desculpa oín insultos. A mellor defensa un bo ataque)

Para entón xa tiña tanta fame (non comera nada en todo o día e eran as oito p. m,) que xa me conformaba cunha última cea, pero aínda me faltaba a bronca do neurólogo por facelo agardar mentres eu estaba comodamente repantingada nunha cadeira de plástico da sá de espera cun camisón do hospital, un cateter no brazo e moito medo. Nunhas horas ianme hospitalizar por segunda vez en 33 anos (a primeira tiña 20 días ou iso me dín).
Cando me ingresaron estaba fixa de que tiña un tumor cerebral, pero non.

Non me lembro do seu nome nin da sua cara, pero grazas. Grazas por axudarme e creerme. 

venres, 11 de decembro de 2015

O martes festivo

O martes; que era festivo; non fixen nada. A pesar diso metinme na cama ás nove. Normalmente, e a pesar do moitísimo que madrugo, irme para a cama tan cedo soe funcionar mal. Esperto a iso das dúas ou tres da mañá e cando voltaría engancha-lo sono xa me teño que erguer. Pero o mércores espertei ás catro da mañá, din a volta e seguín moneando ata iso das cinco. Entón levanteime ao baño e anque tentei voltar para cama as miñas tripas xa estaban espabiladas e querían festa.
Erguinme ás cinco e cuarto, arranxeime con calma e sen sono e saín da casa ás sete menos cuarto, hora á que debería sair sempre pero non o consigo, e fichei entrada tres minutos antes da hora. Estiven ben ate iso das once. Entón empecei a sentir un cansanzo moi grande en todo o corpo e non só nas pernas que é o normal.
Para cando cheguei á casa, trás unha mañá espantosa tratando de que non se deran conta do mal que me atopaba ao tempo de tentar estar sentada mais tempo do exisido polo meu traballo, metinme na cama.
[Tentar de que non se decaten do mal que me poida atopar é importantísimo."Estoulle roubando o traballo a unha persoa sa que podería facer mais cousas ca min no mesmo tempo". O certo é que controlan o tempo que me leva face-las cousas. Non me parece que anden a controlarse entre eles, pero eu son unha “enchufada”: Discriminación positiva para discapacitados nas oposicións]
Dende as catro da tarde ate as seis menos vinte do día seguinte, erguínme unha hora e media para comer algo e face-los exercicios de rehabilitación coa esperanza de... non sei moi ben de que.
Non durmín todo o tempo, pero o meu corpo non quería erguerse.
Hoxe estou mellor. Cansada, coma sempre. Con problemas para ir ao baño, coma sempre. Pero unha chisca mellor da vista: parece que podo enfocar algo o que vexo. Onte non, caia para os lados e tiña gañas de vomitar. Espero non ter que comunicar un novo brote. Hai tres meses dous gramos de cortisona coméronseme un mes de regra. Cos meus anos pensei que era a menopausia, pero non (teño unha análise que o proba). Como non quixen nunca fillos e me parecía un engorro a regra, non vía a menopausia coma unha moi mala idea. Agora atérrame: os meus ósos non poderán aguantar tanto.

sábado, 5 de decembro de 2015

O Comenzo


Non era quen de ler porque me bailaban as letras e mailos números dunha liña a outra. Era (son) incapaz de enfocar ben o que miro. Entón fun ao oculísta: unha rapaza nova e moi pagada de si mesma. Dixome que a miña vista estaba perfecta e que se veía mal era porque os meus problemas mentais estaban a afectar á miña visión.

[Por aquel entón xa levaba tempo fatal no traballo e era consciente de que estaba un pouco depre. As cousas empeoraron mais ate que me botei a chorar na consulta do médico de cabeceira e me mandou para a casa de baixa, cousa que o inspector médico corroborou unha semana despois desfacendose en desculpas por terme chamado (que ben que eu xa non me miraba ao espello, porque iso de que non me quixera dala alta asustoume moito). Irme para a casa devolveume a vida, anque por entón a enfermidade xa galopaba mais que corría. Ainda así mellorei moito de ánimo, por iso penso que ela foi o efecto e non a causa.]

Total, que con tan certero diagnóstico, nos albores da miña enfermidade degeneratíva, funme para a casa cos ollos dilatados e chorando a mares (amén de acordandome da nai da paisana. Logo perdería incluso os folgos para maldecir, pero entón odieina. Ainda a odio) Deste primeiro achegamento ao meollo do asunto saqueí unha lesión permanente en ambolos dous ollos. Pero non matei a ninguén co coche! Hai que ve-lo lado positivo das cousas.
Anos despois (dous en concreto, o que tardaron en cachala) lín unha lista de todo-los síntomas da enfermidade. Un deles estaba escrito coas mesmas verbas que eu empregara para lle contar o que me pasaba á oculísta. Non minto, podería telo escrito eu. Non me lembro da súa cara, nin do seu nome. So de que era oculísta do SERGAS e de que a odio dende hai 14 anos e sumando.

venres, 4 de decembro de 2015

soño


O que soñei esta noite

Case nunca me lembro do que soñei. Non mais aló de 10 ou 15 segundos despois de despertar.
Pero iste lembroo perfectamente: miña nai e mais eu iámos camiñando pegadiñas a unha
parede de cor gris escura intentanto pasar desapercibidas para unha leoa
que traiámos detrás facendo eses ao camiñar mentres cabilaba cando nos saltaría enriba
para se dar unha merendola. Tra-la leoa viña un señor cun cazavolvoretas
que trataba de recadala con palabras cariñosas coma se estivese a falar cun gato.
Cando xa era obvio que nos ía saltar enriba tiven dous pensamentos: vainos
matar e isto vai doer moito, e despois de que nos mate eu vou matar a Ana porque
ten a culpa de todo. Entón espertei e pensei: vou matar a Ana. Din a volta
e seguín durmindo. Xa pola mañanciña me erguín pensando: vou matar a Ana.
Resulta que onte cando nos iámos deitar andivo a foderme a cabeza cun soño
recurrente que tiña todo-los meses: seica se metía un lobo na casa e a
perseguía. Ela escondíase no cuarto de baño, que tiña chave. Pero sempre deixaba
a fiestra aberta por onde se colaba o lobo, e entón ela espertaba.
Pois a min os lobos me parecen "riquiños" lle digo eu. Creo que mezclei
unha novela que lín de Ray Bradbury (el hombre ilustrado) na que uns leóns se papaban
a unha parella,unha moi mala peli na que os leóns se papaban a un garda do parque, e
unha cea demasiado abundante. A miña irmá ten un gato enorme de cor naranxa que onte
votou toda a tarde a mirarme fixamente.

martes, 1 de decembro de 2015

ela

Coido que se colou na miña vida aproveitando un momento moi negro polo que estaba a pasar. O meu neurólogo atribue a depresión nerviosa na que vivín durante meses a ela.Seica foi culpa dela. Eu sei que foi ao revés. Doiame tanto que non me importou deixar pasar o que fora, ou tal vez fun eu mesma quen me quixen borrar: Acabo de decatarme de que é unha enfermidade autoinmune. Seino dende o principio, pero non era consciente de que me estou atacando a min mesma. O que pasa é que agora xa non ten gracia. Quero que pare. Parece que cos anos cada vez corre mais, ou talvez son eu que me custa aturarlle o ritmo. Agardo por ese medicamento que a vai frear. Namentres vou avellentando.

mércores, 25 de novembro de 2015

Non me gusta...

Non me gusta... moitas cousas. Algún día falo de todo, pero hoxe non.

Hoxe vou falar de Ana, que é bastante mala persoa. Fixome chorar o día do meu aniversario. Hai que ser moi ruín para lle dicir á túa tía que a queres moitísimo, e ademais por escrito. Cousas así fanme ver o moito que me gusta vivir. Tamén son moi fan da verba ruín, que sempre emprego fora de contesto. O certo é que eu tamén te quero moito. 

Gustame falar contigo cando bromeamos, cando falamos en serio, e mesmo cando che tomo a lección (por fin entendo a diferencia entre diptongo e hiato)

Ana é grande, doce e agarimosa. Gustame meterme con ela e avergoñala (coma agora)

Eu son pequena, ruín é discapacitada. Quedeime pequena en 5º de EXB. Son mala dende que descubrín que non son o cú do mundo (4 ou 5 anos) e teño unha enfermidade dexenerativa dende hai 12 anos. Falarei dela e dos que non lle pararon os pés cando debian. Hoxe estou de aniversario, recibín chamadas de amigas, agasallos, bicos, e unha inquietante felicitación de google.

ADORO FACERME VELLA