Página principal Os libros/pelis de Sisebuta

domingo, 31 de xaneiro de 2016

Traballar

Hoxe en día dicir que non che gusta o teu traballo pode conducirte a un lichamento público na praza do pobo. Isto é así porque xa dende cativos "sabemos" que ter un traballo é o mellor agasallo do mundo. Os nenos oen aos seus pais, tios, avos... criticar ao veciño de enfrente por se queixar dun choio polo que eles matarían, malia ter que currar 12 horas, cobrar 8 e cotizar 4 (no mellor dos casos).
Traballar non é un agasallo, é un dereito que permite á persoa gañarse a vida mentras se sinten ben aportando algo á sociedade na que viven. Os empresarios obteñen un benefcio ao serén os que arriscan o capital na producción ou servizo. O problema é que as cousas xa non funcionan así. O país está dirixido polas grandes empresas coa connivencia ou submisión das clases dirixentes. Para que ser honrado, cando os beneficios son superiores facendo o que queres e coa aprobación da sociedade no seu conxunto. Seguro que hai empresarios honrados, e seguro que todos eles están na cola do paro.
Se facer un produto ten uns costes de producción de 20 euros, está claro que non o podes vender por 20, agás que diminuas os teus costes de producción. Se dos 20 euros, 10 son en persoal, e si consigo que non canto de 10 euros, poida arranxar con 1 euro terei unha marxe de 9 euros. Pode vender o meu produto a 19,95, gañar cartos e mandar ao empresario decente á cola do paro.
Non son estatísticas que vaia comprobar, pero oín (e eu mo creo) que dende o comenzo da crise neste país hai mais pobres e mais multimillonarios. É lóxico: por unha banda os que traballan por unha taza de caldo, e pola outra os que non teñen escrúpulos en escravizar á xente a cambio de posuir cada días mais cartos, xoias, bens, adulación, mais de todo, incluso un panteón mais grande no cemiterio.

Logo estámos os putos funcionarios de merda. Somos uns privilexiados, porque seica cobramos sen facer nada a cambio. Isto non é de todo correcto: me temo que si hai que currar. Eu, que veño do sector privado, estou encantadíma coa miña nova xornada laboral. Ninguén me pedía que fixese horas extras na empresa privada, pero o traballo tiña uns prazos de entrega e quen tiña que dala cara ante os clientes era eu, sempre eu.  Agora non mellorei moito cos xefes, pero xa só son o que sempre quixen ser: un currito. Me piden que faga horas extras só en época de eleccións (moi ben pagadas, por certo). Non as fago: non preciso os cartos urxentemente, non van cambiar a miña vida en nada, e francamente penso mal dos que as dan e mal dos que as collen. Aquí si me permito pensar nos que non teñen traballo por un lado, o no moi superior que moralmente me considero a aqueles que xogan coa necesidade dalgúns administrados (suponse que o meu traballo axuda aos dependentes) e coa avaricia dos funcionarios.
Son administrativa e ainda que con 45 tacos só levo 9 na administración,vexo que todo-los xefes tratan de cobrar eles e que ti organices, decidas e mesmo distribuas o traballo. Por sorte para eles, sempre hai xente encantada de asumir este rol. É incrible, pero moitos prefiren mandar por riba de cobrar. Eu non son mala currita. Son unha abella laboriosa, que se esmera en facer ben o que lle mandan. Mandar é a palabra clave. Os xefes non están moi interesados en mandar, porque anque a responsabilidade final debería ser súa, na administración coma na política é moi doado reclamar responsabilidades a  quen non ten porque asumilas. Ergo, son unha empregada parva, que so sirve coma mula de carga. Maravilloso!. Pero non é nada doado. A frase: "que queres que faga en primeiro lugar, eu o que me digas, estou facendo isto, pero cambio agora mesmo" é fodida para os xefes. Cabreanse moito, coma te atreves a dicirlle que non o vas facer todo ao mesmo tempo. Así non lles arranxas a súa vida. Despois de todo, algo si lle teño que agradecerlle ao meu primeiro xefe: xa nunca mais vou perder horas de sono preocupandome do que non debo. Repito: non son mala currita. Dende a enfermidade un pouco mais lenta, Pero ao traballar mais amodo cometo menos erros. Calquera xefe coas ideas claras, adoraríame. Falo pouco e saco moito traballo de diante sen molestar aos outros curritos.
Ah! Tamén adoro ser funcionaria para non ter que currar pola tarde. Sen dúbida isto unido á miña negativa a facer horas extras supón que dende que estou enferma e son mais vella e estou mais cansa, o tempo que adico a vivir sexa mais e de mellor calidade. Durmo mais,ou leo mais. Adoro ler e preciso durmir. Tamén xogo, falo, escribo... Case son feliz. So teño que atopar un xefe que saiba o que quere, e eu o farei.

[Fun unha excelente estudiante e coa discapacidade so me levou catro anos ser administrativa, comezando coma auxiliar. Os apuntes foron todos para á cacharela de San Xoán hai anos. Non quero promocionar porque non quero mandar, pero sen ser un xenio tampouco son tan parva]

[Traballar coa discapacidade ás veces é moi duro polo cansanzo, pero non me queixo porque a ninguén lle importa. Cando poida xubilarme fareino. Namentres sobrevivo]