Página principal Os libros/pelis de Sisebuta

sábado, 23 de setembro de 2017

IT Libro/Peli

Este verano canseime das novelas románticas que me levo á praia todo-los anos e decidín botar un ollo á lista de novelas más vendidas de todolos tempos segundo a wikipedia. Algunhas xa as lera, outras non me apetecía e atopei no posto 9 das superventas de todo-los tempos unha novela de Stephen King. Non me chifla este autor, pero algunha cousiña súa teño lido. Así que atrevinme con It, novela de terror de mais de mil páxinas. Non é a novela que mais medo me dou (Misery), nin a que mais me gusto (El talismán) das que lin deste autor. Porén paseino moi ben léndoa, mesmo anque o final non me convencera demasiado.
E nada mais voltar das vacacións atopome conque están a piques de estrear a peli!!. Problema: O libro é moi recente e unha das dúas cousas me vai decepcionar. Mesmo me aconteceu coas pelis de Harry Potter. Debería ter deixado pasar un tempo, pero tiña moitas ganas de vela e convencer a “Ana danme medo os paiasos” foi difícil. Fómola ver onte.
Gustoume moito. Coido que o guionista fixo un traballo espléndido coa novela, non polo moito que se parece a peli ao libro, senón porque mantendo intacta a idiosincrasia de cada neno escribiu unha historia nova co mesmo resultado. Por exemplo, cambiou o xeito no que cada un deles se atopa co paiaso por primeira vez, pero non o que este encontro espertou na alma de cada un deles.
A Ricky faino un pouco mais insufrible que no libro e róuballe unha escena de pánico moi boa. A cambio lle da a oportunidade de ser o primeiro en demostrar o bo amigo que é (xa lle perdoas todo o que fixo mal).
Talvez a peli lle quitou algo importante a Mike. É mais doado querelo na novela: sen dúbida é o meu neno preferido (e Ben porque é gordo e listo. Irresistible). Na peli Mike é un personaxe mais gris. Coido que me quedo con Bill, anque todos son adorables. Stan o que menos (e xa sabemos por que, je, je, je.) Polo menos eu si.
Moi boa a peli e o paiaso para cagarse pola pata.

Agardo impaciente polos nenos de 40 anos do capitulo 2. Espero que conserven o guionista.