Página principal Os libros/pelis de Sisebuta

sábado, 23 de setembro de 2017

IT Libro/Peli

Este verano canseime das novelas románticas que me levo á praia todo-los anos e decidín botar un ollo á lista de novelas más vendidas de todolos tempos segundo a wikipedia. Algunhas xa as lera, outras non me apetecía e atopei no posto 9 das superventas de todo-los tempos unha novela de Stephen King. Non me chifla este autor, pero algunha cousiña súa teño lido. Así que atrevinme con It, novela de terror de mais de mil páxinas. Non é a novela que mais medo me dou (Misery), nin a que mais me gusto (El talismán) das que lin deste autor. Porén paseino moi ben léndoa, mesmo anque o final non me convencera demasiado.
E nada mais voltar das vacacións atopome conque están a piques de estrear a peli!!. Problema: O libro é moi recente e unha das dúas cousas me vai decepcionar. Mesmo me aconteceu coas pelis de Harry Potter. Debería ter deixado pasar un tempo, pero tiña moitas ganas de vela e convencer a “Ana danme medo os paiasos” foi difícil. Fómola ver onte.
Gustoume moito. Coido que o guionista fixo un traballo espléndido coa novela, non polo moito que se parece a peli ao libro, senón porque mantendo intacta a idiosincrasia de cada neno escribiu unha historia nova co mesmo resultado. Por exemplo, cambiou o xeito no que cada un deles se atopa co paiaso por primeira vez, pero non o que este encontro espertou na alma de cada un deles.
A Ricky faino un pouco mais insufrible que no libro e róuballe unha escena de pánico moi boa. A cambio lle da a oportunidade de ser o primeiro en demostrar o bo amigo que é (xa lle perdoas todo o que fixo mal).
Talvez a peli lle quitou algo importante a Mike. É mais doado querelo na novela: sen dúbida é o meu neno preferido (e Ben porque é gordo e listo. Irresistible). Na peli Mike é un personaxe mais gris. Coido que me quedo con Bill, anque todos son adorables. Stan o que menos (e xa sabemos por que, je, je, je.) Polo menos eu si.
Moi boa a peli e o paiaso para cagarse pola pata.

Agardo impaciente polos nenos de 40 anos do capitulo 2. Espero que conserven o guionista.

mércores, 2 de agosto de 2017

La chica del tren

Antes de lelo, estiven a botar un ollo ás criticas de persoas particulares
A uns poucos gustáralles, os menos
Outros dicían que para pasar o rato, nada mais
Á maioria non lles gustara. Viano coma previsible e cun mal final. Eu é que son parva (como a prota) e non me cheirei nada. Ana, a quen llo ía contando conforme o lia, xa tiña feito un reparto de papeis bastante axeitado (é sin lelo) asique acepto o de previsible para algúns.
Ante todo o que me convenceu para lelo foi o de pasar o rato. Todavía teño na miña lista de lecturas futuras os grandes clásicos rusos. Se nin sequera fun quen de ler Guerra  e Paz e iso que a peli adoroa!
O libro, que me disperso! A prota é unha alcólica, mirona e acosadora. Un ser terriblemente patético que me cae ben dende o primeiro momento. Por que? Tampouco me parezo tanto a ela, eu non viaxo en tren que teño coche☺. Gustame moito.
O final: ENCANTOUME. Hai tempo que non disfrutaba tanto co final dun libro. Non sería posible na vida real, pero dentro da trama para min é creible. Se non che gusta o final ou ben tes vocación de damisela en apuros, ou de cabaleiro andante rescatador de damiselas en apuros, ou es dos que opina que está en apuros por que o merece. Pero coma di Julieta Venegas en Lastima pero adios "tal vez lo merezca pero no lo quiero"
Pois iso, paseino moi ben lendoo e tamen comentandoo mentres o lia.

mércores, 17 de maio de 2017

17 de maio: Publicación de Cantares Gallegos

O meu xefe non sabía que hoxe era o día das letras galegas. Claro que tampouco sabe falar galego, e fixo que opina que Cantares Gallegos é o novo disco de Milladoiro e que Rosalía só é un nome de muller anticuado, e que molaría moito mais mandar nos madrileños, que nun fato de paletos que empregan sete vogais para falar nun idioma no que so hai cinco.
Non se pode ter todo nesta vida! A min gustariame ser unha muller intelixente, culta, decidida, feminista, galegista e por suposto rica. Pero ao igual que Rosalía debo recoñecer que só son unha muller tonta e sen a balía dos homes.