Página principal Os libros/pelis de Sisebuta

mércores, 17 de maio de 2017

17 de maio: Publicación de Cantares Gallegos

O meu xefe non sabía que hoxe era o día das letras galegas. Claro que tampouco sabe falar galego, e fixo que opina que Cantares Gallegos é o novo disco de Milladoiro e que Rosalía só é un nome de muller anticuado, e que molaría moito mais mandar nos madrileños, que nun fato de paletos que empregan sete vogais para falar nun idioma no que so hai cinco.
Non se pode ter todo nesta vida! A min gustariame ser unha muller intelixente, culta, decidida, feminista, galegista e por suposto rica. Pero ao igual que Rosalía debo recoñecer que só son unha muller tonta e sen a balía dos homes.

1 comentario:

  1. Que retranqueiros estamos hoxe, eh? Vexo que te tomaches en serio as miñas clases sobre Rosalía. Se xa o sabía eu, as clases de Galego deste ano son do melloriño. Ogalla ser tan intelixente e reinvindicativa como Rosalía, e pensar que nos seús prologos tiña que dicir que a súa obra non valía... miña pobre. Unha feminista intelixente e amante do seu nun mundo hipócrita e machista. Mágoa que as cousas non mudaron demasiado.

    ResponderEliminar