Página principal Os libros/pelis de Sisebuta

sábado, 23 de setembro de 2017

IT Libro/Peli

Este verano canseime das novelas románticas que me levo á praia todo-los anos e decidín botar un ollo á lista de novelas más vendidas de todolos tempos segundo a wikipedia. Algunhas xa as lera, outras non me apetecía e atopei no posto 9 das superventas de todo-los tempos unha novela de Stephen King. Non me chifla este autor, pero algunha cousiña súa teño lido. Así que atrevinme con It, novela de terror de mais de mil páxinas. Non é a novela que mais medo me dou (Misery), nin a que mais me gusto (El talismán) das que lin deste autor. Porén paseino moi ben léndoa, mesmo anque o final non me convencera demasiado.
E nada mais voltar das vacacións atopome conque están a piques de estrear a peli!!. Problema: O libro é moi recente e unha das dúas cousas me vai decepcionar. Mesmo me aconteceu coas pelis de Harry Potter. Debería ter deixado pasar un tempo, pero tiña moitas ganas de vela e convencer a “Ana danme medo os paiasos” foi difícil. Fómola ver onte.
Gustoume moito. Coido que o guionista fixo un traballo espléndido coa novela, non polo moito que se parece a peli ao libro, senón porque mantendo intacta a idiosincrasia de cada neno escribiu unha historia nova co mesmo resultado. Por exemplo, cambiou o xeito no que cada un deles se atopa co paiaso por primeira vez, pero non o que este encontro espertou na alma de cada un deles.
A Ricky faino un pouco mais insufrible que no libro e róuballe unha escena de pánico moi boa. A cambio lle da a oportunidade de ser o primeiro en demostrar o bo amigo que é (xa lle perdoas todo o que fixo mal).
Talvez a peli lle quitou algo importante a Mike. É mais doado querelo na novela: sen dúbida é o meu neno preferido (e Ben porque é gordo e listo. Irresistible). Na peli Mike é un personaxe mais gris. Coido que me quedo con Bill, anque todos son adorables. Stan o que menos (e xa sabemos por que, je, je, je.) Polo menos eu si.
Moi boa a peli e o paiaso para cagarse pola pata.

Agardo impaciente polos nenos de 40 anos do capitulo 2. Espero que conserven o guionista.

mércores, 2 de agosto de 2017

La chica del tren

Antes de lelo, estiven a botar un ollo ás criticas de persoas particulares
A uns poucos gustáralles, os menos
Outros dicían que para pasar o rato, nada mais
Á maioria non lles gustara. Viano coma previsible e cun mal final. Eu é que son parva (como a prota) e non me cheirei nada. Ana, a quen llo ía contando conforme o lia, xa tiña feito un reparto de papeis bastante axeitado (é sin lelo) asique acepto o de previsible para algúns.
Ante todo o que me convenceu para lelo foi o de pasar o rato. Todavía teño na miña lista de lecturas futuras os grandes clásicos rusos. Se nin sequera fun quen de ler Guerra  e Paz e iso que a peli adoroa!
O libro, que me disperso! A prota é unha alcólica, mirona e acosadora. Un ser terriblemente patético que me cae ben dende o primeiro momento. Por que? Tampouco me parezo tanto a ela, eu non viaxo en tren que teño coche☺. Gustame moito.
O final: ENCANTOUME. Hai tempo que non disfrutaba tanto co final dun libro. Non sería posible na vida real, pero dentro da trama para min é creible. Se non che gusta o final ou ben tes vocación de damisela en apuros, ou de cabaleiro andante rescatador de damiselas en apuros, ou es dos que opina que está en apuros por que o merece. Pero coma di Julieta Venegas en Lastima pero adios "tal vez lo merezca pero no lo quiero"
Pois iso, paseino moi ben lendoo e tamen comentandoo mentres o lia.

mércores, 17 de maio de 2017

17 de maio: Publicación de Cantares Gallegos

O meu xefe non sabía que hoxe era o día das letras galegas. Claro que tampouco sabe falar galego, e fixo que opina que Cantares Gallegos é o novo disco de Milladoiro e que Rosalía só é un nome de muller anticuado, e que molaría moito mais mandar nos madrileños, que nun fato de paletos que empregan sete vogais para falar nun idioma no que so hai cinco.
Non se pode ter todo nesta vida! A min gustariame ser unha muller intelixente, culta, decidida, feminista, galegista e por suposto rica. Pero ao igual que Rosalía debo recoñecer que só son unha muller tonta e sen a balía dos homes.

mércores, 2 de novembro de 2016

O hospital III

A pilula foi un exitazo, pois mentres o médico me metía unha agulla mais grande que as dos debuxos animados polo lombo, eu veña facerlle preguntas. Xa nin me lembro do que preguntei, pero non é boa idea distraer a unha persoa que che está a meter cacho varal nas costas.
A punción foi ben. Non me doeu, anque posteriormente o pasei fatal porque nin médicos nin enfermeiras se molestaron en dicirme que despois dunha punción hai que beber moita auga e estar en reposo absoluto. Non bebín nada e andiven de paseo polos corredores do hospital. Anos despois soubeno polo enfermeiro que me estaba a poñer o tratamento, que é das poucas persoas coas que topei no hospital que non se cre o embigo do mundo. Lástima que xa non sexa o meu enfermeiro!.

O caso é que despois da punción me deron a alta e me mandaron para a casa sen dicirme nada da enfermidade que xa sabían que tiña e coa mais incrible dor de cabeza que tiven en toda a miña vida. Era coma si o meu cerebro se expandira ao dobre do seu tamaño, mantendose o craneo inalterado. E de agasallo estaba tan extreñida que mesmo rematei sangrando.

Total, que me ingresaron arrastrando unha perna e me botaron sendo levada collida por dúas persoas, unha por cada brazo, porque eu non era quen de andar, nin abri-los ollos. Parecia un preso saindo dunha sala de tortura arrastrada polos guardas.

Estiven unha semana na casa... camiñando mais dun quilometro diario sen coxear (foi a primeira e última vez que a cortisona me fixo tanto efecto). E andiven a ler en internet sobre a esclerose. Grande erro. Canto mais lía, mais me deprimía, e acabei chorando moito. Agora so leo os artígos sobre os avances na investigación. O demais xa o fun descubrindo a base de sopapos. Tratei de buscar algunha páxina onde a xente falara da enfermidade coa idea de compartir experiencias e "trucos" de supervivencia, pero atopeime con que os enfermos prefiren falar de calquera cousa agás da enfermidade, coma se a ignorancia fose un puntazo e compartir experiencias non puidese axudar en nada.

Unha semana despois chamoume o meu neurólogo e confirmoume a enfermidade sen explicarme moito mais dela. Mesmo coido que me mentiu falandome dunha enfermidade crónica. É dexenerativa. É unha palabra dura, pero é o certo.


sábado, 30 de xullo de 2016

A verdade sobre o caso Harry Quebert

1ª apreciación persoal: Eu teño a opinión de que Joel Dicker odia á súa nai. Toda-las novelas incluen moitos agradecementos ao conxuxe, aos fillos, aos editores... E, en ocasións, aos pais. Nada de "grazas papa, grazas mama". De feito, a nai do seu alter ego Marcus é ruín e tonta. So sale dúas ou tres veces na novela a traverso de conversas telefónicas que non teñen desperdicio. Vamos, que se eu fose a nai de Joel, ia ter moito que me explicar. Coma diría a nai de Marcus "Buscate unha boa rapaza en idade fèrtil, ten moitos fillos e volve para a casa no canto de andar por aí á procura de aventuras que xa tes trinta anos" Se ademais fose galega mandarialle comer mais porque está moi fraco. Que? Non preciso velo para saber que está moi fraco; notaselle na voz.

2ª apreciación persoal: Durante mais de 29 capítulos estíven tan enganchadísima seguindo a investigación co prota que me sumerxín completamente. Pero o final non me gustou. Demasiada información nun só capítulo. Non é que fora un mal final, pero é que eu tiña tantísimas expectativas... Coma dí o propio autor debería estar moi triste de telo remado do moito que me encantou, e non. Todos e cada un dos personaxes da novela teñen algo que contar no capítulo final. Tampouco pasaba nada se algún deles fose realmente unha persoa normal e aburrida.

Leo bastante. Iste non foi dos mellores, pero os que dín que é malo, ou len moi pouco, ou teñen unha sorte que te cagas escollendo libros. Eu paseino moi ben.

xoves, 21 de xullo de 2016

Os libros son mellores amigos que as pelis

Xa estou farta do cine e da tele non digamos.
O mellor invento que caeu nunca xamais nas miñas mans chamase libro electrónico. Teño que ter coidado co desexo cego de cargar libros sen rumbo, esquecendome de lelos.
Porén, agora leo moito mais.

Vou falar dun que lín hai tempo. Gustoume moito. É un libro con anos, dunha autora para min descoñecida, pero que me encantou.
Querida Anita, a diferencia de nos teus libros, neste só morre unha persoa e de vella. Ten unha peli, pero nin se achega ao libro a pesar de estar protagonizada por Audrey Tautou, que me encanta.

"Juntos, nada más", en Castelán. Fala de amor, de amizade, e sobre todo de supervivencia. Os catro protas son personaxes totalmente definidos, que poderían individualmente encher un libro coa súa historia. Ao interactuar entre eles o resultado é emocionante. Gustoume tanto que ao rematalo quedei moi triste... ate que comecei unha triloxía que acabou por gustarme tamém. É xa ando con mais: ler é marabilloso.
A moza, coa que comeza o libro e que xa fai que te enganches, está fora de lugar en todas partes. Parece coma se quixese morrer, pero sigue vivindo coma por inercia. É curiosamene é ela quen busca a amizade do outro rarito do seu edificio.
El, incapaz de relacionarse socialmente, é ao mesmo tempo un home extremadamente educado e infinitamente amable e paciente con todo o mundo. É amable con ela e moi paciente co seu "estupido" compañeiro de piso, que so pensa nas motos e nos ligues dunha noite.
O "estupido" é o malo do libro até que de repente se senta a chorar nun banco da rúa por sentirse incapaz de coidar da súa avoa, á que quere mais que a nada.
E por último, a avoa que loita por non perder a súa dignidade na vellez e que acaba por ser un pouco o pegamento que fai que os outros tres se fagan amigos inseparables, amigos da alma.
Todo soa moi lacrimoxeno e empalagoso, cursi. Pero incriblemente...para nada. É unha mistura perfecta. Nada de lamentos, nin grandes aspaventos. Centos de pequenos detalles que moi sutilmente crean unha vida na que a todos nos gustaría estar. É así remata a historia: dun comenzo deprimente a un final cunha vida normal e moi apetecible.

mércores, 20 de xullo de 2016

Ice Age 5

A miña peli preferida de debuxos animados é Ice Ace I. Marabillosa, anque non é de Pixar, senón dun estudio descoñecido. Aproveitaron o incrible exito para lanzarse a facer mil secuelas (entendoo). A cuarta non a vin, pero esta quinta é bastante regular. Os personaxes secundarios, que aquí son protas, non molan tanto coma os principais, e a historia non me enganchou moito. Ben para un domingo pola tarde, pero para unha tarde de cine veraniego non. Tdavía agardo unha que me mole tanto coma as do ano pasado.