Página principal Os libros/pelis de Sisebuta

xoves, 21 de xullo de 2016

Os libros son mellores amigos que as pelis

Xa estou farta do cine e da tele non digamos.
O mellor invento que caeu nunca xamais nas miñas mans chamase libro electrónico. Teño que ter coidado co desexo cego de cargar libros sen rumbo, esquecendome de lelos.
Porén, agora leo moito mais.

Vou falar dun que lín hai tempo. Gustoume moito. É un libro con anos, dunha autora para min descoñecida, pero que me encantou.
Querida Anita, a diferencia de nos teus libros, neste só morre unha persoa e de vella. Ten unha peli, pero nin se achega ao libro a pesar de estar protagonizada por Audrey Tautou, que me encanta.

"Juntos, nada más", en Castelán. Fala de amor, de amizade, e sobre todo de supervivencia. Os catro protas son personaxes totalmente definidos, que poderían individualmente encher un libro coa súa historia. Ao interactuar entre eles o resultado é emocionante. Gustoume tanto que ao rematalo quedei moi triste... ate que comecei unha triloxía que acabou por gustarme tamém. É xa ando con mais: ler é marabilloso.
A moza, coa que comeza o libro e que xa fai que te enganches, está fora de lugar en todas partes. Parece coma se quixese morrer, pero sigue vivindo coma por inercia. É curiosamene é ela quen busca a amizade do outro rarito do seu edificio.
El, incapaz de relacionarse socialmente, é ao mesmo tempo un home extremadamente educado e infinitamente amable e paciente con todo o mundo. É amable con ela e moi paciente co seu "estupido" compañeiro de piso, que so pensa nas motos e nos ligues dunha noite.
O "estupido" é o malo do libro até que de repente se senta a chorar nun banco da rúa por sentirse incapaz de coidar da súa avoa, á que quere mais que a nada.
E por último, a avoa que loita por non perder a súa dignidade na vellez e que acaba por ser un pouco o pegamento que fai que os outros tres se fagan amigos inseparables, amigos da alma.
Todo soa moi lacrimoxeno e empalagoso, cursi. Pero incriblemente...para nada. É unha mistura perfecta. Nada de lamentos, nin grandes aspaventos. Centos de pequenos detalles que moi sutilmente crean unha vida na que a todos nos gustaría estar. É así remata a historia: dun comenzo deprimente a un final cunha vida normal e moi apetecible.

Ningún comentario:

Publicar un comentario