Estase achegando a fin dun ano cativo, moi cativo. Tiven dous
brotes. Anque o meu médico me tratou de convencer de que non eran brotes,
deixoume tomar dous gramos de cortisona en tres días por cada non brote: se non
era un brote nunca mo debería ter permitido, e se era un brote entón de que
vai?
Dende que comezou toda esta merda da crise con Rajoy e Feijoo
tratando de convencernos de que hai que arrima-lo ombro,o meu médico subiuse ao
carro inmediatamente. Por desgraza a frase completa debería facer referencia
aos mil euristas e aos enfermos crónicos. Nen subidas de soldo, nen pagas
extras ata chegar á época de eleccións, nen mais resonancias magnéticas. Antes
faciame unha todo-los anos mesmo anque non tivese brotes e para a miña desgraza
sempre salían lesións novas. Este ano estou coma un buxo a pesar dos dous non
brotes que tiven e xa non me fixo resonancia ningunha. Aplicando a maxima de
ollos que non ven, batacazo que te pegas, é obvio que están agardando a
desfacerse de min canto antes. Pois esán fodidos: os antidepresivos están
tirados de prezo (deica pouco xa será o único que me dean no SERGAS) e eles son
mais vellos ca min. E dun ataque ao corazón non está ninguén libre... E mesmo
anque non teñas conciencia, a carne roxa pode ser case igual de mala para a
conciencia. Jua, jua, jua!!!
Sendo honrada debo recoñecer que ao principio se portou ben
comigo, dentro das limitacións dun servizo público de saúde. E fixo que agora
son moi queixica co médico, pero se non me lle queixo a el? A quenes? A amigos
que non me poden axudar? A familia que só podería sufrir comigo? Posto que non
saben curala, nin previla, nin sequera parala; pois xa só lles queda a
empatía.non?
Propósito de Ano Novo: Ignorar aos que me ignoran, e ser mais
boa cos que me queren.